luns, 1 de maio de 2023

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO O MARTES 11 DE ABRIL

 



Chegamos en autobús a Santiago pola parte de atrás da cidade para contemplar a zona verde da urbanización. Pasamos polo Parque do Monte da Almáciga e visitamos as hortas urbanas, algo que chamou a miña atención, pois non mo esperaba atopar dentro dunha das cidades máis importantes de Galicia. Seguidamente entramos aos xardíns de diseño afrancesado do Parque de Santo Domingo de Bonaval. Ao lado deste sitúase o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), desta volta con exposicións das Guerrilla Girls, defensoras dos dereitos das mulleres a través da súa arte. Tamén vimos unha parede con posits que denunciaban inxustizas a modo de mural e fomos partícipes dunha performance en directo.

Ao salir do museo separámonos para ir a comer e comprar regalos, o meu grupo decidiu xantar na Galiciana, un restaurante onde hai varios postos con comida de todo tipo (galega, xaponesa, italiana,...). A continuación reunímonos para ir ao cine e vimos a película "MATRIA". Despois disto, dispuxémonos a regresar ao autobús para volver a Vilalba, e de camiño visitamos a escultura de Atlas, a Plaza da Quintana e a Catedral de Santiago.


  • PARQUE DE SANTO DOMINGO DE BONAVAL:






  • EXPOSICIÓN DAS GUERRILLA GIRLS:


Mural a modo de protesta que expón e denuncia comentarios machistas procedentes dalgúns famosos tales como Pitágoras, Eminem, Picasso, ....


  • PERFORMANCES:


No CGAC tivemos a oportunidade de participar nunha "live performance" ou actuación en directo, sendo gravados todos os nosos movementos dentro dunha habitación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario